
O próximo 1 de Decembro de 2026 teremos unha actividade en Bousés…🌳🌱🍁. Quedarase as 10:00 horas no parque de Bousés para ir ata “A Veiga” cos colexios de Oimbra, Medeiros e Cualedro para realizar a plantacion de frondosas, onde nos acompañará persoal do CDR Portas Abertas e medios da Consellería de Medio Rural do Distrito XIV (Bombeiros forstais, Axentes Ambientais, Técnicos Forestais…), onde darán unha pequena charla sobre os incendios forestais. Ao rematar irán ata o pobo a ver o pateimonio cultural (Forno, Reitoral, Igrexa…) Todo esto e grazas aos membros da asociación cultural de Bousés, CDR Portas Abertas, Medios do Distrito Forestal XIV, ao Concello de Oimbra e a CMVMC de Bousés.
Este proxecto, que pretende crear unha área recreativa onde se ensinar a importancia e valor do medio natural, non remata coa plantación, senon que nos vindeiros anos se seguira ampliando e mellorando.
Todo aquel que queira participar esta convidado!